Benvid@ a APROCEGA

Vostede está consultando unha pequena información do que é e representa, na comunidade autónoma do noroeste español, a Asociación de Productores de Cereixas de Galicia, por elo dámoslle as gracias por esta visita.

APROCEGA é unha Asociación sen animo de lucro que ten como obxectivos a recuperación e estimulación da producción da Cereixa, a comercialización, así como tamén a producción de madeira de cerdeira en toda a Comunidade Autónoma de Galicia e moi especialmente nas areas de producción que tradicionalmente desenvolveron este cultivo no noroeste español.

Os inicios de APROCEGA datan do 18 de xulio de 1991, e dende aquela ven deseñando e executando accións de recuperación da Cerdeira en Galicia, a través de PROGRAMAS DE PLANTACIÓN de novas variedades sobre novos patróns nas distintas areas de producción, complementando a formación dos seus asociados con novos coñecementos sobre o estercado, a poda, os tratamentos fitosanitarios e sistemas intensivos de plantación.

Non podiamos deixar de mencionar outro dos obxectivo fundamentais desta Asociación, como é, a recuperación de variedades autóctonas, como é o caso da variedade PICUDA DE BEADE, xa que logo, era esta unha variedade case perdida nos inicios do anos noventa e hoxe pódese afirmar que está totalmente recuperada, non soamente no seu habita tradicional, no val do Fragoso, a carón de Vigo, senón espallada por Galicia adiante e máis incluso noutras areas de producción de España.
Consulte vostede esta páxina e, si é tanto do seu agrado como si non, non deixe de enviarnos as súas suxestións e achegas, pois terémolas moi en conta. De novo agradecidos.

A "PICUDA DE BEADE"

Moi poucos lugares de España e moito menos de Galicia poden presumir do esforzo feito por esta Asociación de Productores de Cereixa de Galicia para recuperar unha árbore que estaba esmorecendo...

[Leer máis]

Unha boa plantación

Os resultados para unha boa colleita están en función de como se faga, onde se faga e como se oriente a plantación e, tamén, que producto vexetal (patrón-variedade) se vai a utilizar na plantación, pero sobre todo, e antes de nada, con que actitude e preparación profesional imos a afronta-lo reto...

[Leer máis]

ASOCIACIÓN DE PRODUCTORES DE CEREIXA DE GALICIA
Ctra. da Coutada, 42 -Beade
36.312 VIGO (PONTEVEDRA-ESPAÑA)
Teléfono/fax: 986 200 007
Mail: aprocega@aprocega.com
APROCEGA 2006 ® Web diseñada por ELECMA Instalaciones S.l. AVISO LEGAL